miércoles, 30 de abril de 2014

Trouble in the Jungle

Os nenos e nenas de 1º e 2º Ciclo de E.P. asistiron a unha obra de teatro en Inglés, Trouble in the Jungle, na aula de multiusos do cole.
A obra de teatro estivo moi ben, foi moi divertida e amena e os nenos disfrutaron moito.
Temos que dar as grazas a A.N.P.A por subvencionarnos esta actividade.

 

viernes, 11 de abril de 2014

Carrot Soup Recipe

Os nenos e nenas de 5º de E.P. fixeron e saborearon unha Carrot Soup ( Crema de Cenoria). Traballaron moito, na elaboración da receita en Inglés, na gravación e na preparación da crema. So me queda felicitalos polo traballo feito, parabéns! O resultado o podedes ver no seguinte vídeo:


jueves, 3 de abril de 2014

And the winners are.....

No seguinte vídeo tedes a resposta do concurso What a surprise? e aos gañadores.  Pasámolo moi ben gravando e probando o novo aparatiño que usaremos na aula. Faltounos David de 5º, que tamén acertou, pero os días de gravación non estivo no cole. Esperamos que te recuperes David!

domingo, 30 de marzo de 2014

Convocatoria de axudas para actividades de formación en linguas estranxeiras

O 27 de marzo saíu publicada no DOG a convocatoria de axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras. As actividades terán lugar no verán do 2014 e están dirixidas ao alumnado que está cursando 6º de Primaria, ESO e Bacherelato.

Tedes toda información no seguinte enlace:

http://www.edu.xunta.es/web/node/12057


sábado, 22 de marzo de 2014

Thanks for your participation!

Xa temos os gañadores/ as do concurso. En breve publicaremos outro post cos nomes . Grazas por participar!

jueves, 6 de marzo de 2014

What a surprise!!

Este pequeno aparatiño da foto, empezarémolo a usar na aula de Inglés moi pronto, pero...que é exactamente? Eso tédelo que decidir vós. Deixade a vosa opinión neste páxina, debaixo desta publicación co voso nome e curso e os acertantes seredes os primeir@s en usalo. Participade! Moita sorte!




Podedes participar ata o 21 de marzo premendo sobre comentario para que se despregue a ventaniña para responder, tedes que seleccionar anónimo en comentar como e para rematar en publicar. Se tedes algunha dúbida preguntadelle as profes de Inglés. Thank you!