viernes, 3 de abril de 2020

Suxerencias para as vacacións.

Ola a todos e todas! 
Como estades? Espero que ben. A miña suxerencia para as vacacións é que poñades as vosas series favoritas ou debuxos en Inglés. Seguro que non o sabedes, pero moitas das cousas que vemos na televisión son inglesas ou americanas e están traducidas ao español. Un bo exercicio para practicar inglés e poñelas en version orixinal...e moi fácil de facer na tele, pero se non sabedes pedide axuda que seguro que alguén na vosa casa sabe como facelo.
Xa me contades como vos foi!
Apertiñas para todos!

jueves, 2 de abril de 2020

Hot Cross Buns Recipe

Mmmmm....que mellor que comer uns boliños quentes! Aquí tedes a receita deste postre típico de Easter en Reino unido. Premede na imaxe para vela. Espero que vos guste! 😊


martes, 31 de marzo de 2020

Easter crafts

Ola! Aquí tedes algunha manualidade de Easter. Premede na imaxe para ver as instrucións e o material que necesitades:

- Para 1º e 2º:
EASTER BUNNY


- Para 3º e 4º:
EASTER WREATH





- Para 5º e 6º:
BUNNY BOOKMARK



Espero que vos gusten!

Easter games


Ola de novo! Nestes enlaces podedes acceder a uns xogos moi sinxelos para practicar vocabulario relacionado con Easter.
Espero que os disfrutedes.

https://learnenglishkids.britishcouncil.org/archived-word-games/find-the-pairs/easter

https://learnenglishkids.britishcouncil.org/word-games/easter

https://www.anglomaniacy.pl/easterQuiz.htm


lunes, 30 de marzo de 2020

Easter



Ola a todos e todas!
Como ben sabedes a semana que ven é Semana Santa (Easter) e neste vídeo podedes ver como celebran en Reino Unido esta festividade.
Estade ben atentos que ao longo desta semana irei subindo actividades relacionadas con este vídeo.
Espero que o disfrutedes.
Apertiñas!