viernes, 19 de junio de 2020

HAPPY HOLIDAYS


E por fin chegan as merecidísimas vacacións....vacacións nas que vos propoño que vexades as series, películas, debuxos.. todo o que podidades en Inglés. 

Non vos olvidedes que na marxe dereita deste blogue tedes páxinas moi chulas con xogos, vídeos, libros de lectura... e non estaría mal que de vez en cando as visitárades.

Ben, e ata aquí as recomendacións de Inglés para o verán...

Só me queda dar as grazas polo esforzo de todos vós, polos tarefas envíadas, polos correos....por facernos sentir de algunha maneira moi recompensado o noso traballo...e non se me ocorre mellor maneira de dar as grazas que  cun vídeo coas fotos dos vosos vídeos que tiña permiso para publicar.

Feliz verán a todos e todas e moitas grazas!💖




No hay comentarios:

Publicar un comentario