Ola a todos e todas!
Como ben sabedes a semana que ven é Semana Santa (Easter) e neste vídeo podedes ver como celebran en Reino Unido esta festividade.
Estade ben atentos que ao longo desta semana irei subindo actividades relacionadas con este vídeo.
Espero que o disfrutedes.
Apertiñas!
Como o ides levando? Para que sexa máis ameno, déixovos este lindo conto....para velo ben, podedes clicar en full screen na esquina direita de abaixo do vídeo e asi veredelo en pantalla completa...xa me contaredes se vos gusta..😍 (Todos os cursos)
No seguinte enlace tedes unhas actividades online relacionados co conto. Ao rematar de facelos, non vos esquezades de premer "DONE" ao final da páxina das actividades, para ver o ben que o fixechedes.😊 (Para 3º, 4º, 5º e 6º)
Ao rematar podedes intentar facer esta "craft" deste link. Recordade que na marxe direita deste blogue tedes o link ao diccionario de inglés wordreference. Ante calquera dúbida de vocabulario que vos poida xurdir podedes consultalo. E como sempre tamén me podedes escribir a mín a través deste blogue deixandome un comentario. Espero que a disfrutedes! ( Todos os cursos para facer en familia)
Unha boa maneira de pasar o rato e facendo un postre. Aquí vos deixo a receita dun postre típico inglés moi doado de facer....
Se tedes algunha dúbida co vocabulario, sempre podedes consultar o diccionario que vos deixo no seguinte enlace:
Ante a situación decretada polos organismos oficiais de pechar os centros , neste blogue iremos subindo suxestións de actividades para facer estes días máis divertidos. Esperamos que as disfutedes. 😊