lunes, 8 de junio de 2020

All grades

Actividades para a semana para todos os cursos (As tarefas envíadas serán publicadas o luns 15 de xuño)

Ola a todos e todas!
Xa estamos case na recta final deste curso tan atípico e que dalgunha maneira grazas a todos vós está sendo moi especial...

Educación Infantil

The wheels on the bus



Recordo con moito agarimo cando cantábamos e bailábamos esta canción na aula. Se me queredes mandar o voso baile cantando a canción ao correo da aula eu publicareino con moita ledicia.
Correo da aula:
englishisfuninvincios@gmail.com

1º curso e 2 º curso

Martín de 1º curso e Iria de 5º de E.I. enviaron un vídeo chulísimo da canción Finger Family. Premede na imaxe para ver o vídeo.

Great video Martín and Iria! Thank you! 💞

Teo de 2º curso tamén se animou e mandou  un vídeo fabuloso. Premede na imaxe para ver o vídeo.


I love it Teo! Thanks a lot! 💗

Recordatorio da actividade:

Finger Family Song!



Podedes practicar esta canción na casa e podedes debuxar cun rotulador os membros da familia nos corresondentes dedos da vosa man ou ben, se tedes impresora,  podedes facer as marionetas que vos deixo aquí.

Se queredes que que suba ao blog o voso vídeo so tedes que mandarmo ao correo da aula 😍

englishisfuninvincios@gmail.com

3º curso

What is your favourite food?

Que vos parece se me mandades un vídeo contándome que comida vos gusta, cal non e cal é a vosa favorita. Podedes empezar así:

I like...........😊 but I don´t like ..........😒My favourite food is......😍

Espero os vosos vídeos no correo da aula:

englihsisfuninvincios@gmail.com

(Agradezo que no mail no que me enviades o vídeo, se queredes que o publique, me deades o consentimento de maneira explícita 😊)


4º curso

Daily routines and time


A miña proposta é que me mandedes un vídeo contándome dúas rutinas e a que hora as facedes. Por exemplo:

I get up at half past eight and I have lunch at quarter to two.

Espero os vosos vídeos no correo da aula:

englihsisfuninvincios@gmail.com

(Agradezo que no mail no que me enviades o vídeo, se queredes que o publique, me deades o consentimento de maneira explícita 😊)




5º curso e 6º curso

Comparatives



Shakira is shorter than Piqué.
Piqué is taller than Shakira.
Sakira is better than Piqué at singing.
Shakira is more popular than Piqué.

A actividade que propoño para  esta semana é que me enviedes un vídeo comparando dous personaxes famosos. Que vos parece?

Espero os vosos vídeos no correo da aula:

englihsisfuninvincios@gmail.com

(Agradezo que no mail no que me enviades o vídeo, se queredes que o publique, me deades o consentimento de maneira explícita 😊)



No hay comentarios:

Publicar un comentario